QUEN SOMOS

quen somos

acariñar (RAG)*

*Real Academia Galega

1.Tratar con cariño.

2.Facerlle caricias a alguén.

Acariño Films nace en 2019 como un espazo desde o cal producir doutra forma.

A nosa filosofía está baseada na idea de que cada película require os seus tempos e os seus métodos, así como unha mirada artística autoral que ten que ser respectada e potenciada pola produción.

Perseguimos o obxectivo de conseguir que proxectos cinematográficos innovadores saian á luz, priorizando a calidade do proceso e a obtención da mellor versión das nosas películas.

É por iso que realizamos producións á medida de cada proxecto: ofrecendo asesoramento creativo, buscando apoio financeiro, garantindo a liberdade artística da (ou do) cineasta e asegurándonos de que existan unhas condicións igualitarias de produción.

Conscientes da dificultade de autoproducirse de cada cineasta, Acariño pretende ser unha contorna no que esas propostas insólitas e arriscadas poidan ter un contexto onde crecer e desenvolverse.

Unha illa máis dentro do arquipélago de “resistencia” que ofrece a cinematografía independente mundial.

acariñar (RAG)*

*Real Academia Galega

1.Tratar con cariño.

2.Facerlle caricias a alguén.

© By Andrea Rodríguez

© By Andrea Rodríguez

andrés sanjurjo

andrés sanjurjo

Estudiei Comunicación Audiovisual e especialiceime en cinema con varios mestrados e un doutoramento que estou a cursar na actualidade, o que me levou a vivir entre Burgos, Oporto, Santiago de Chile, Barcelona e A Coruña. 

Tras rematar a carreira fixen unhas breves prácticas profesionais en Zeitun Films, onde Felipe Lage convertíuse nunha sorte de mestre que me animou a autoproducir o meu primeiro filme, Alén Mar (actualmente en posprodución). 

Ademáis, traballei para outras productoras de cinema como Miramemira ou Forastero, e con realizadores como Oliver Laxe, Santiago Fillol, Raúl Capdevila e Carlos Martínez-Peñalver. 

Durante estes anos, complementei a miña formación regrada con seminarios e obradoiros con cineastas da talla de Abbas Kiarostami, Víctor Erice, Boris Lehman e Jodie Mack, e críticos como Jonathan Rosembaum e Roger Koza.

A miña inquietude como cineasta e productor, leveoume á creación de Acariño Films na búsqueda de novos medios de produción para as miñas películas e compartir esta experiencia producindo a outros autores.

Se queres coñecer máis da miña traxectoria profesional preme aquí.